JOAN MIRÓ
Naceu en Barcelona no ano 1893.
Fixo numerosas e importantes exposicións por todo o mundo: en Francia, América e ata en Xapón. Viviu en París (Francia) e en España. A última etapa da súa vida pasouna en Palma de Mallorca (Baleares).
As características principais da súa obra son as seguintes:
- As CORES son vivas e deslumbrantes, irradian luz.
- Pinta os obxectos que ve coa IMAXINACIÓN, buscando a orde xeométrica dos cubistas.
- Busca SIMPLIFICAR a natureza, por iso elixe poucas figuras que se repiten, e poucas pero vivísimas cores.
Bo traballo, chic@s, a seguir traballando!!!
ResponderEliminar