AS NOSAS OPINIÓNS SOBRE O LIBRO:
O que máis me gustou foi cando Faísca e Ninfa se deron un bico, porque era o que quería dende o principio.
O que menos me gustou foi o principio do libro, cando te explican todo. Nunca me gusta o principio porque é moi aburrido.
- Sara Mª Portas
Este libro está cheo de aventuras e de emoción. Primeiro pensas que unha persoa é boa e acaba sendo un pouco mala de máis.
A min encantoume, é precioso.
- Tania
Este libro foi moi emocionante, xa que os catro nenos tiveron que buscar o toxo no pasado, en París. No camiño atopaban moitos problemas, que sempre teñen moita acción. O máis emocionante foi a loita contra o diaño, porque dentro estaba Ninfa.
Guillermo
Este libro gustoume moito porque pasan cousas fascinantes cos nenos. E ademais estiveron de excursión na neve e competiron nun campionato no que había moita rivalidade.
Creos que vos gustará. Ademais hai un pouco de amor.
Adrián
No hay comentarios:
Publicar un comentario