23/7/12

Lecturas para o verán


TAGUS, EL HOMBRE CABALLO
Autor: Adam Blade
Ilustrador: David Wyatt
Colección: Busca Fieras
Editorial: Destino
El libro trata sobre dos niños: Tom y Elena, que tienen que liberar a las Fieras, seres mitológicos. Esta vez tendrán que enfrentarse a Tagus, el hombre caballo, que por la herradura dorada que llevaba, se comportaba como un salvaje y mataba al ganado del pueblo vecino.
Este libro me ha parecido increíble, me encanta esta colección porque es de aventuras y seres mitológicos.
Darío Cordeiro
A FORMIGA COXA
Autor: Marilar Alexandre
Ilustrador: Fran Jaraba
Colección: Merlín
Editorial: Xerais
A formiga coxa fai amizade coa ra peluda e a cobra chosca. Emprenderon unha viaxe a un lugar onde non se burlen delas.
Rafa Malvido



20/7/12

Fotos da merenda e nova xuntanza

Mayte, a nai de Isaac envioume algunhas fotos da merenda que tiveron en Montecarrasco o 6 de xullo:







Ademais aproveitamos para avisaros que o próximo 3 de agosto haberá outra xuntanza-merenda, no mesmo sitio e á mesma hora.
Animádevos, que ides pasalo moi ben!

Máis recomendacións

HOP FROG

Autor: E. Allan Poe (versión en galego de Paco Liván)
Ilustrador: Alberto Vázquez
Editorial: OQO
Nun pobo había un rei que era moi bromista. E a única forma de conquistalo era cunha boa bufonada, por iso os seus sete ministros eran excelentes bromistas.
O rei tiña un bufón que se chamaba Hop Frog, que andaba cun salto ridículo que lle facía gracia ao rei. Hop Frog tiña unha amiga que se chamaba Trippetta. Hop Frog e Trippetta viñan dun pobo que ninguén coñecía.
Un día o rei quixo facer unha festa de disfraces. Na festa o rei mandou beber viño a Hop Frog, e bebeu un grolo para pensar nunha bufonada, pero non se lle ocorría. Entón o rei mandoulle volver beber, pero Trippetta protexeuno e o rei tiroulle o vino á cara.
Entón ocorréuselle unha bufonada: Orangutáns Encadeados, que consiste en que se disfrazan para asustar á xente. Hop Frog, para escaparse, colleu a cadea da lámpada e enganchouna nas cadeas, subiunos ao teito e queimounos cunha antorcha. E Hop Frog e Trippetta escapáronse e nunca máis se supo deles.
O libro gustoume, aínda que me deu un pouco de medo. Estaba preocupado por Hop Frog, polo que lle ocorría.
David Bernárdez


Que é? Onde está?


Pois si, todos os que comentaron a foto adiviñaron de que se trataba: a escultura en homenaxe ás peixeiras feita polo Concello de Cangas. Esta escultura está ao lado da Praza de Abastos, xunto á entrada do peixe do día.
Ángela, Andrea, Brais L., Roque e Valeria contestaron correctamente, así que lle debemos unha pegatina. Apuntádeo para setembro.
E agora outra fotografía para seguir pensando:


É moi fácil. Sabedes o que é e onde está tomada a foto?

18/7/12

De volta das vacacións

Xa estamos de volta. Despois dunha semaniña polo País Vasco, visitando Vitoria-Gasteiz e Donosti-San Sebastián, xa estamos en Cangas.
Intentaremos retomar a actividade do blog a partir de mañá.




Na foto con Don Celedón, un personaxe típico das festas de Vitoria.

8/7/12

Máis recomendacións


O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA
Autor: Fina Casalderrey
Colección: O barco de vapor
Editorial: S.M. / Xerme

David e Branca queren descubrir o misterio dos fillos de Lúa. Lúa pariu dúas veces e lle desapareceron os fillos. Os rapaces atoparon o culpable. Se queres saber quen foi, lede o libro, non quero estropear a historia.
O libro, en xeral, gustoume moito.
Brais Pérez

FAIRY OAK. EL ENCANTO DE LA OSCURIDAD
Autora: Elisabetta Gnone
Colección: Fairy Oak
Editorial: Marenostrum

El enemigo intenta separar la luz de la oscuridad, pero Vainilla y Pervinca, las gemelas, no lo dejan. Ellas no son exactamente iguales, en el físico sí, pero una es de la oscuridad y otra es de la luz.
El libro me encantó, me pareció fascinante, y además me gusta mucho esta colección.
Ángela Cruz Graña

Merenda en Montecarrasco


O pasado venres foi a reunión en Montecarrasco para xuntarnos todos, para xogar e merendar. Aínda que non estiveron todos, si asistiron 10 alumnos do noso curso, e algúns irmáns deles. Os pais levaron de todo para merendar, e eu creo que o pasaron moi ben.
Tamén foi a profe a facer unha visita, pero esqueceuse da máquina fotográfica, así que se algún de vós ten algunha foto, por favor facédea chegar á conta do blog para poder compartila con todos:
ascousasdaclase@gmail.com
Moitas grazas, e seguiremos en contacto.

5/7/12

Que é? Onde está?

Vos acordades desta foto?

Enviouna Roque e a súa familia e a publicamos xa fai un mes no blog. A pesar do tempo que pasou, só tivemos dúas respostas, e unha única acertada. Foi Gaby que contounos que é unha billa da Fonte de San Leonardo, que está na rúa de Manuel Graña. Esta fonte está moi cerca de onde estivemos con Raquel, a nosa guía de Turismo, e onde nos dixo que estaba o antigo porto de Cangas.
Gaby e Roque, reclamade as vosas pegatinas en setembro!


E por se queredes darlle ao coco durante estas vacacións, sabedes que é e onde está tomada esta foto?. Eu penso que é moi fácil. Veña, animádevos!


3/7/12

Lecturas recomendadas

Continuamos coas recomendacións de libros. Seguro que atopades algún que vos guste.



KIKA SUPERBRUXA E A MAXIA DO CIRCO
Autor: Knister
Ilustrador: Birgit Rieger
Colección: Kika Superbruxa
Editorial: Bruño

O libro trata sobre Kika Superbruxa e Dani, o seu irmàn pequeño, que van ao circo. Kika utiliza os seus poderes para darlle unha lección ao lanzador de coitelos. E conseguiu que os trucos máxicos do mago Abraxas foran realmente máxicos.
Este libro pareceume moi divertido, sobre todo a parte na que do gorro saen cincuenta esquíos.
Darío Cordeiro

EL PALACIO DE LAS CIEN PUERTAS
Autor: Carlo Frabetti
Colección: Laberintro
Editorial: S.M.

En este libro el protagonista eres tú. El objetivo es despertar a Alicia y resolver el caso de “¿Por qué el tesoro no está en la sala principal?”.
A mí el libro me pareció estupendo. Es un poco lioso porque tienes que pasar de una página a otra.
Brais Pérez




2/7/12

Un divertido baile

Atopamos este vídeo, cunha divertida coreografía. Trátase dun concurso para un anuncio de consumo de verduras en Xapón. A verdade é que as rapazas están moi graciosas. Alguén se anima a imitalo?