17/2/11

Centauros

En la mitología griega, los centauros son una raza de seres con el torso y la cabeza de humano y el cuerpo de caballo. Las versiones femeninas reciben el nombre de centáurides.
Vivían en las montañas de Tesalia y eran hijos de Ixión y Néfele, una nube de lluvia.
Los centauros son muy conocidos por la lucha que mantuvieron con los lápitas, provocada por su intento de raptar a Hipodamía el día de su boda con Pirítoo, rey de los lapitas.
Los centauros eran seres salvajes, sin leyes ni hospitalidad, esclavos de las pasiones animales. Dos excepciones a esta reglas son Folo y Quirón, que expresaban su «buena» naturaleza, siendo centauros sabios y amables.
Muchas leyendas sobre los centauros sostienen que son criaturas muy inconstantes, que miran con frecuencia al cielo para determinar sus destinos. Son grandes astrólogos y muy aficionados a la adivinación.

Anduvieron lentamente, atentos a cualquier ruido. De pronto, en un claro del bosque, algo se movió visiblemente.
-¿Quién está ahí?- gritó Hagrid.
Y apareció en el claro … ¿era un hombre o un caballo? De la cintura para arriba, un hombre, con pelo y barba rojiza, pero por debajo, el cuerpo de pelaje zaino de un caballo, con una cola larga y rojiza. Harry y Hermione se quedaron boquiabiertos.
Harry Potter y la piedra filosofal

http://www.youtube.com/watch?v=NHGJOwaM7IE

15/2/11

O sabor da aventura está no mar

Mariña e Luís, unha cociñeira e un mariñeiro moi divertidos, viñeron ao colexio a presentarnos unha nova campaña da Xunta, O sabor da aventura está no mar, para fomentar o consumo de peixe fresco.





Na representación rimos moito e coñecimos a Os arroases, un grupo de nenos e nenas con poderes especiais, grazas a todo o peixe que toman.


Se queredes coñecelos mellor podedes ir á súa páxina web. Hai moitas cousas interesantes: xogos, debuxos, receitas, ...

14/2/11

Mural do día da Paz

Na clase de relixión xa rematamos o mural para celebrar o día da Paz.
Quedounos chulísimo!


Biblioteca

Hoxe, día de San Valentín, Buli enviounos 5 novos diplomas de lectura: Brais L., Iván P., Ángela, Ainoa e Julio xa remataron o seu primeiro caderno. Noraboa!



De quen é este ollo? (8)

Moitos comentarios, pero poucos acertaron o ollo nº 7. Rafa, Ainoa, Andrea, Mohamed e Isaac (despois de tres intentos) acertaron que era o ollo dun tiburón.

A ver se sodes capaces de averiguar o seguinte. De quen é este ollo?

13/2/11

A monstroescola (2)

Gustoume o libro porque era divertidísimo. A min gustoume o lobishome inverso Lupo e o monstro do armario Peque. Gústame Lupo porque era chulito e Peque porque era moi peludo.
A parte que máis me gustou foi cando chegou Invi e dixo que estaba desnudo. Este libro significa que todos temos que ser amigos.
Dani

O meu personaxe favorito é Peque, porque tiña un corpo moi gracioso e é moi veloz. A miña escena favorita foi cando todos salvaban a unha anciana e un gato.
Invi tamén éun pouco guai, e cando a profe Katia se enterou de que Invi estaba desnudo, por iso tamén me gusta Invi.
Iván P.

A monstroescola pareceume un libro moi bonito. A parte que máis me gustou foi cando Lidia pensou en nenos guapos. O personaxe que máis me gustou foi a momia Nefertina, porque é a raíña dun reino en Exipto.
Que pena que Anxo Fariña xa non faga máis contos, porque me encantaría. O que nos ensina este libro é que temos que xogar con todos.
Valeria

Gustoume porque é moi divertido. Aparecen nenos moi bos. O meu personaxe favorito é Peque, o monstro do armario, porque é grande e peludo. Os debuxos son moi chulos.
Mohamed
A monstroescola gustoume polos personaxes, e ademais todos os nenos menos dous eran monstros. A parte que máis me gustou foi cando os nenos salvaron a señora María. O meu personaxe favorito é Invi, que é invisible.
Anxo quere dicirnos que podemos convivir entre monstros e humanos.
Darío
A min gustoume a monstroescola. Gustoume porque os personaxes eran monstros extraños. O momento que máis me gustou foi cando rescataron a señora María. A miña personaxe favorita é Nefertina, porque me gusta a mitoloxía exipcia.
O que ensina este conto é que aínda que sexamos diferentes, podemos vivir xuntos.
Isaac




10/2/11

De quen é este ollo? (7)

Pois o ollo nº6 parece que foi máis fácil que o anterior. Brais L., Isaac, Andrés, Daniel, Ángela, Darío, David e Rafa acertaron que o ollo era dunha mosca.
A ver si podedes agora con este. De quen é este ollo?

9/2/11

Poemas

RAFAEL ALBERTI

Rafael Alberti fue uno de los poetas españoles más grandes del siglo xx. Y también un extraordinario poeta para niños. Sus poesías embrujan y encantan; sus versos, musicales, juguetones, sorprendentes, resultan tremendamente próximos al universo infantil. Los temas (el mar, los amores, la guerra, la nostalgia, los disparates, el final...) nos acercan levemente al sentido de su inmortal obra.

En clase de Lenga Castellana estuvimos trabajando con una de las poesías de Rafael Alberti:


Pregón

¡Vendo nubes de colores:
las redondas, coloradas,
para endulzar los calores!
¡Vendo los cirros morados
y rosas, las alboradas,
los crepúsculos dorados!
¡El amarillo lucero,
cogido a la verde rama
del celeste duraznero!
Vendo la nieve, la llama
y el canto del pregonero.
Rafael Alberti

Y luego nos convertimos en poetas y escribimos este precioso poema:

Buscamos

¡Busco sueños encantados,

con colores, amistosos,

para explorar nuevos lados!

¡Busco poemas de amor

y amigos muy cariñosos

que tengan un gran corazón!

¡Aventuras divertidas

con mis amigos jugando

todos a las escondidas!

¡Busco palabras cantando,

las que estaban ya perdidas!

Alumnos de 3ºB

¿Verdad qué nos ha quedado chula?

8/2/11

A monstroescola

Esta semana terminamos de ler na clase, durante a HORA DE LER, o libro A MONSTROESCOLA, de Anxo Fariña.
Na vila de Quintopiñeiro só hai dous nenos, e por iso a súa escola está en perigo. Se non atopan máis alumnos antes do venres pecharán a escola para sempre. Un acontecemento inesperado avisará da chegada de máis nenos. Mais... como serán?
A min A monstroescola gustoume moito porque só había dúas persoas normais e os demais eran monstros. E tamén gustoume porque ao final rescataron a señora María, e o inspector os deixou quedar na escola.
O personaxe que máis me gustou foi Invi, porque era invisible e lle tiveron que poñer unha gorra.
Neste conto aprendimos que da igual como sexamos.
ANDREA
O libro gustoume moito porque había monstros moi graciosos, salían os irmáns Trabada, Xan e Lidia, Invi, Peque, Lupo e Nefertina (chulita) e tamén a profe Katia. Peque é enorme, o nome non lle pega nada.
A min gústanme Invi e Lupo, que é un lobishome inverso, e dicir, que é home lobo todo o mes e, cando chega a lúa chea, é home. Xan e Lidia non son monstros, son rapaces.
Este libro ensinounos que todos podemos vivir xuntos.
BRAIS L.
Gustoume moito o conto porque era de monstros. O que máis me gustou foi cando chegaron os monstros porque era moi interesante saber como eran. O monstro que máis me gustou foi Peque, porque era xigante e peludo.
O que este conto nos ensina é que podemos convivir todos xuntos.
ANDRÉS
Eu penso que Anxo quería dicirnos que, aínda que sexamos diferentes por fóra, por dentro somos iguais.
A miña parte favorita é cando se preparan para a visita do inspector, porque Invi estaba simpático e Peque tamén, todos estaban simpáticos.
O meu personaxe favorito é Peque. Gustoume porque era mono e moi bo, e tamén porque eran moi simpáticos os seus pensamentos.
PAOLA




5/2/11

De quen é este ollo? (6)

Parece que o ollo nº 5 resultou un pouco difícil. Rafa foi o único que acertou que era un ollo de pulpo.
A ver se o seguinte ollo é algo máis fácil. Veña, esperamos os vosos comentarios.

De quen é este ollo?