Preparando o Entroido.

Continuando co noso proxecto anual, Un mundo sen fronteiras, imos dedicar o Entroido ás persoas e organizacións que traballan pola paz e a colaboración entre os pobos. Concretamente, o alumnado de 5º, iremos disfrazados de Dalai Lama.



Xa están enviadas a casa as instruccións para facer o disfraz, e queremos agradecer a vosa colaboración.
Hai uns anos tamén utilizaron este disfraz. Estas son as fotos de Sabela co traxe do seu irmán. Se xa tedes un parecido, podedes reciclalo.


Recordade que o noso será máis sinxelo, a túnica irá sen mangas.

0 comentarios:

Publicar un comentario