Lecturas 5º: Xiganos e Anantes - Javi 5ºB


Título: Xiganos e Anantes
Autor: Manuel Antonio Pina
Ilustradora: Mª Xosé Fernández
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

O libro fala de varias historias relacionadas coa linguaxe. 
Nunha fala dunha nena chamada Ana que inventou unha linguaxe que só ela coñece, e isto axúdalle a un escaravello, Bocaxe, a relacionarse e lle axuda a botar unha carta ao correo no peto da nena.
Noutra fala das letras e das súas normas, ou dun neno que falaba cambiando as letras (c por t), creando palabras diferentes e os xiganos e anantes: ananos moi grandes e xigantes ananos.
O meu personaxe favorito foi Bocaxe, polas historias locas que contaba, aínda que fosen bastante absurdas e, sobre todo, raras. Tamén me gustaba cando co seu cerebro de chorlito non se lembraba das historias e disimulaba facendo "o pino".
O libro é máis de trabar e confundir a linguaxe, e as historias que conta son moi curtas e sen relación coas demais. O que máis me gustou foi cando o autor do libro describiuse a si mesmo e explicou como se pode viaxar a todos lados LENDO.
JAVI 5ºB

0 comentarios:

Publicar un comentario