O pasado mércores fomos a Vigo a Vigo a ver unha obra de teatro no Centro Cultural de Novacaixagalicia. Foi unha obra moi divertida, feita en inglés e na que actuaban dous actores. Tamén puideron participar como actores varios nenos e nenas dos colexios que estabamos alí. Do noso cole participou Valeria, que tivo que facer de Lady Marian. O fixo xenial!
A obra trataba da lenda de Robin Hood:
A lenda dun bandido heroico, a súa banda de ladróns e unha dama en apuros. O malvado Sheriff de Nottingham, un home malhumorado e avaricioso, está a lles cobrar impostos aos pobres cidadáns. Robin Hood, coa axuda da súa banda, The Merry Men, utilizan humor, música e a participación do público para aliviar a dor dos pobres.
Da lenda de Robin Hood fixéronse moitas películas e series. Entre elas, está a versión de debuxos animados de Disney:
Se queredes ver unha das escenas desta película, podedes visitar o blog de Valeria:
http://oespazodevaleria.blogspot.com/2011/11/cancion-de-robin-hood.html
Unha das escenas máis divertidas sobre Robin Hood está na película de Shrek:
No hay comentarios:
Publicar un comentario