A Biblioteca do cole xa puxo en marcha a actividade das
mochilas viaxeiras. Este curso vai participar todo o colexio, polo que haberá novas normas: son menos libros e estarán en casa durante unha semana. Como na nosa clase van participar moitos nenos, temos dúas mochilas para levar e poderemos telas ata 10 días.
Todas as mochilas levan:
- un libro de lectura
- un libro de divulgación
- un libro de poesía
- un cómic
- un libro con CD con música
- unha revista
- unha película
Os primeiros que van levar a mochila son
Darío e
Dani.
Disfrutade da lectura!
No hay comentarios:
Publicar un comentario