O pasado mércores fomos a Vigo a Vigo a ver unha obra de teatro no Centro Cultural de Novacaixagalicia. Foi unha obra moi divertida, feita en inglés e na que actuaban dous actores. Tamén puideron participar como actores varios nenos e nenas dos colexios que estabamos alí. Do noso cole participou Valeria, que tivo que facer de Lady Marian. O fixo xenial!
A obra trataba da lenda de Robin Hood:
A lenda dun bandido heroico, a súa banda de ladróns e unha dama en apuros. O malvado Sheriff de Nottingham, un home malhumorado e avaricioso, está a lles cobrar impostos aos pobres cidadáns. Robin Hood, coa axuda da súa banda, The Merry Men, utilizan humor, música e a participación do público para aliviar a dor dos pobres.
Da lenda de Robin Hood fixéronse moitas películas e series. Entre elas, está a versión de debuxos animados de Disney:
O xoves, despois de esperar alguns días por culpa da chuvia, por fin puidemos celebrar o magosto.
Colocouse o pico e as castañas, prendemos a fogueira e, mentres esperamos que as castañas estivesen asadas e repartidas, estivemos xogando a un montón de xogos.
Pasámolo moi ben, as castañas estaban moi ricas e puxémonos ben sucios co carbón.
A solución ao animal misterioso nº 6 era o weta xigante, o insecto máis grande do mundo. O podemos atopar en Nova Zelanda.
As gañadoras, unha vez máis, Ainoa e Andrea. Ademais esta vez Ainoa recompilou información sobre o weta, fotos e un vídeo, e podedes velo no seu blog
A Biblioteca do cole xa puxo en marcha a actividade das mochilas viaxeiras. Este curso vai participar todo o colexio, polo que haberá novas normas: son menos libros e estarán en casa durante unha semana. Como na nosa clase van participar moitos nenos, temos dúas mochilas para levar e poderemos telas ata 10 días.
Todas as mochilas levan:
un libro de lectura
un libro de divulgación
un libro de poesía
un cómic
un libro con CD con música
unha revista
unha película
Os primeiros que van levar a mochila son Darío e Dani.
Disfrutade da lectura!
Estes días celébrase en toda Galicia a festa do Magosto. O seu día é o día 11 de novembro (San Martiño), pero debido ao mal tempo tivemos que pospoñelo para á semana. Esperemos que haxa bo tempo para facelo.
Mentres tanto imos informarnos do que se celebra nesta festa.
En primeiro lugar, un vídeo da TVG no que nos contan todo sobre as castañas:
O que nos conta a Galipedia sobre o magosto:
Actividade LIM de Ana Martínez Rey:
E un libro de receitas feito no Ceip CEIP Santo Paio de Abaixo (Reboreda - Redondela):