3/2/11

Duendes

Los duendes son seres mitológicos elementales de la naturaleza, guardianes de los bosques y de todos los seres vivos que habitan en ellos.
Los duendes se distinguen de los elfos por su pequeño tamaño, sus orejas son puntiagudas, algunas especies son de nariz grande y otras pequeña, su cabello es largo y a veces suelen ser peludos y llevan largas garras. Generalmente son semejantes a un niño pequeño en estatura.
Habitan en los bosques, lugar en el que las personas tienen poco o ningún acceso.
Existen muchas variantes de duendes en varios países y culturas del mundo, aunque universalmente los más populares son los de los países célticos:
Irlanda: Leprechauns
Escocia: Hobgoblins y Puck
Inglaterra y Gales: Gremlins
España: Trasgos, Trasnos en Galicia



Habían llegado a un edificio blanco como la nieve, que se alzaba sobre las pequeñas tiendas. Delante de las puertas de bronce pulido, con un uniforme carmesí y dorado había …
- Sí, eso es un duende – dijo Hagrid en voz baja. El duende era una cabeza más bajo que Harry. . Tenía un rostro moreno e inteligente, una barba puntiaguda y, Harry pudo notarlo, dedos y pies muy largos.
Harry Potter y la piedra filosofal




1/2/11

Biblioteca

Hoxe Buli entregou dous diplomas máis. Rafa e Paola xa remataron o seu primeiro caderno de lectura. Noraboa aos dous!


31/1/11

Día da Paz




O 30 de xaneiro de 1.948 mataron a Mahatma Gandhi, que era un líder nacional e espiritual da India, que ademais loitaba contra a violencia. Foi asasinado por un integrista hindú.
Por iso desde 1.964 o 30 de xaneiro foi declarado O Día da paz e da non violencia, para conmemorar a morte de Gandhi.




Na nosa clase celebramos o Dia da Paz facendo un traballo con mans recortadas e pombas, nas que puxemos as cousas que nós podemos facer para traballar pola paz. Logo adornamos a porta da clase, co lema:
Se xuntamos as nosas mans … coidaremos mellor o noso planeta.
Na clase de relixión, coa profe Loli, tamén estamos preparando un mural que nos vai quedar moi bonito.

De quen é este ollo? (5)

Vale, vale, o ollo nº 4 era moi fácil. Ángela, Isaac, Brais L, Mohamed, Cristian, Gabriela, Daniel, Andrés, Darío, Valeria e Paola acertaron que era o ollo dun rinoceronte.

A ver se sodes tan listos co nº 5. De quen é este ollo?

30/1/11

Tarántulas





No mes de decembro tivemos unha visita moi especial. Diana, a filla da nosa profe Geni veu a ensinarnos a súa mascota. Non, non é un can nin un gato, é unha enorme tarántula que se chama Isis.
Como foi o último día de clases, quedamos con moitas ganas de saber máis cousas sobre as tarántulas. En clase preparamos unhas preguntas e Diana enviounos as contestacións:


29/1/11

Biblioteca

Esta semana Buli enviounos os resultados dos préstamos que fixemos na Biblioteca durante o 1º trimestre.












Neste gráfico vemos a evolución por meses. Empezamos un pouquiño frouxos, pero agora xa estamos levando bastantes libros.




Ademais o venres Andrea tivo o seu 1º diploma de lectura.
Xa temos catro!





De quen é este ollo? (4)

Moi ben, case todos acertastes: os ollos nº 3 eran os de unha araña.
Agora vos deixo un novo reto para este fin de semana, fíxádevos ben: De quen é este ollo?


27/1/11

Virxilio Viéitez


Esgrafiado

Na clase de plástica, coa profe Paz, estamos traballando unha técnica nova que se chama esgrafiado.
O fixemos coloreando un debuxo de cores, e logo o pintamos de negro por encima, con ceras brandas. Ao rematar de pintar todo de negro, rascamos cun punzón formas e debuxos pequenos, para que se vexan as cores que están debaixo. E xa está: un bonito debuxo de cores feito.

26/1/11

Onde viven as fadas?

Dende a Biblioteca, Buli enviounos outra das súas preguntiñas curiosas:
Onde viven as fadas?
E xa lle enviamos as nosas respostas á Biblioteca:

Nos bosques. (Mohamed, Brais L. )

Nos bosques onde hai cogomelos. (Rafa, Ángela, Darío, Daniel )

Viven nas flores. (Valeria, Ainoa )

Nos bosques escondidos. (Andrea)

Nos bosques máxicos. (Brais P., Gabriela)

Nos bosques encantados. (Andrés, Isaac, Iván V., Iván P., David)

Viven nos vales, nas flores e nas árbores. (Paola)

Esperamos a súa resposta.