11/9/18

Empezamos!!!!!

Xa estamos de volta. Comezamos un novo curso escolar, espero que con moitas ganas. 
Estamos en 6º outra vez, e este é un curso moi especial, cheo de contrastes: ganas de pasar a unha nova etapa e ao mesmo tempo non queremos deixar este cole, onde estamos dende que tiñamos tres anos.
Vai ser un curso moi intenso e emotivo, xa veredes!
Pero antes de chegar as despedidas, que chegarán, imos centrarnos nos encontros: coa clase, cos profes e, sobre todo, cos nosos compañeiros. Que hai algúns que non os vimos en todo o verán...
Pois nada, rapaces e rapazas, benvidos ao voso último curso de primaria, espero que o disfrutedes. Espero que o disfrutemos todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario