Melodías de emocións: A misión

Continuamos co noso proxecto, vinculando a música coas emocións, na clase de Valores Sociais.
Esta vez foi Nico o encargado de escoller a música que quería que escoitásemos: o tema principal da película A Misión, do compositor Ennio Morricone. Un precioso tema no que destacan a música do oboe e o impresionante coro.

A min esta música transmíteme tristeza, alegría, emoción, pena e chégame ao corazón. 
Tamén me recorda a unha historia nunha etapa da vida da miña nai en Perú. Ela foise cando era moi nova cunha ONG aos Andes. Contoume que a primeira vez que subiu a estas montañas o fixo escoitando esta música, moi emocionada, mentres vía xogar aos nenos descalzos.
NICO 

Escoitamos con atención.


Que sentimos ao escoitar a música?

Cando a escoitei a notei triste, case empezo a chorar. Pero cando saiu o coro empecei a moverme. Pero a parte que máis me gustou foi a parte triste. ARI

Gustoume moito, e tamén cando entra o coro e fai música. CARLOS

Esta música dame tristeza, e despois dame como un gran subidón de alegría e tristeza á vez. Sobre todo, emoción. Encantoume este tema. ELOI

A min o que máis me gustou foi o coro, e cando empezou a xuntarse a orquesta. Foi como se houbese unha solución a todo. DIEGO

É triste, de emoción, alegría e pena. Te trae moitos recordos tristes. SABELA

É un tema que me transmite tristeza, melodía, felicidade, dulzura, amor, libertade... como se fose algo triste que se soluciona un pouco. ANDREA

Pois a min me provoca tristeza, e tamén un pouco de alegría. Me gusta cando se xunta o coro enteiro e cando fan: Uh, Ah,  Uh! XIAN


1 comentarios:

Publicar un comentario