19/1/15

Coidamos o entorno: aforramos electricidade

Temos exposto xa dende o mes de decembro, no mural sobre o coidado do entorno, os carteis para concienciar sobre o aforo de electricidade.




Os resultados da enquisa son moi positivos. Parece que todas as familias seguen os consellos que recomendamos para o aforro da electricidade.






O que peor levamos é o de apagar a tele e o ordenador por completo, pero tamén é verdade que algunhas teles non teñen esa opción. Pois para a próxima xa sabemos, comprar unha que poidamos apagar completamente.
Tamén debemos intentar xogar con xoguetes que non sexan electrónicos. O exemplo que tivemos na clase nas dúas últimas semanas compartindo os nosos xogos, ensínanos que podemos pasalo moi ben sen necesidade de consolas, tablets...




Espero que sigamos así, comprometidos co coidado do noso entorno. 
Nós xa estamos preparando o segundo mural, dedicado a contaminación do aire, cos resultados que recollimos das familias. E, en breve, a terceira enquisa, co tema do coidado e o uso da auga.
Gracias pola vosa colaboración!


No hay comentarios:

Publicar un comentario