30/10/13

Celebrando Halloween - Samaín


Hoxe celebramos a festa de Samaín - Halloween.
Foi un día moi completo- Primeiro nos disfrazamos de personaxes de Halloween, logo tivemos unha festa na clase de Inglés, máis tarde fomos a ver a exposición de cabazas de Samaín dos nenos e nenas de Infantil e o 1º ciclo e por último baixamos á Biblioteca. Alí estaba todo escuro e tivemos que entrar por un túnel, e a profe leunos un conto. Como o conto da Biblio non nos deu moito medo, leunos outro na hora de ler, pero tampouco nos asustamos, e iso que era dunha fantasma.
E para rematar o día decoramos a clase e a porta.
Feliz día de Halloween!
Feliz Samaín!

No hay comentarios:

Publicar un comentario