28/2/13

Londres: museos

En Londres hai moitos museos interesantes para visitar. Estes son os máis importantes:

1. MUSEO BRITÁNICO





É o museo máis visitado de Londres. É un dos museos máis antigos do mundo.
Para os que queiran coñecer a historia, arqueoloxía e arte de todo o mundo.
O máis destacado é a colección de momias do Antigo Exipto

2. NATIONAL GALLERY





É o museo de arte máis importante de Londres. Ten máis de 2000 obras entre os séculos XIII e XIX, de artistas moi coñecidos, como Da Vinci ou Van Gogh.

3. MUSEO DE HISTORIA NATURAL




Trata da Terra e das diferentes formas de vida, e a súa evolución.
A sala máis famosa é a de paleoontoloxía, chea de esqueletos de dinosaurios de todos tipos e tamaños.

4. O MUSEO DE LONDRES




Cóntanos a historia de Londres, desde a prehistoria ata os nosos días. 

5. MUSEO DA CIENCIA




É un museo interactivo, que trata sobre a ciencia e a tecnoloxía e de un modo divertido. 


6. MUSEO DE SHERLOCK HOLMES





É unha casa-museo dedicada á vida e á época do famoso detective.

7. MUSEO MADAME TUSSAUDS





É o museo de cera máis famoso do mundo, cunha gran exposición de figuras de personaxes famosos.

8. MUSEO IMPERIAL DA GUERRA




Este museo cóntanos as experiencias da xente durante os conflictos bélicos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario