30/1/12

Celebrando o Día da Paz

Hoxe celebramos o Día da paz no noso cole. Decoramos a nosa porta con globos que levaban as nosas mensaxes de PAZ:

Estas son as nosas mensaxes:

Axudar sempre: axudar a familiares, amigos ou enfermos, e colaborar coa xente que necesite axuda. (Iván Pazó)
 Axudar aos máis pobres, por exemplo con comida. (David)
 Que deixemos as guerras e as solucionemos. (Paola)
 Eu quero que non sexamos egoístas, porque o poden ser contigo. (Brais Pérez)
 Quero paz no mundo e que non haxa guerra, porque senón non hai paz. (Julio)
 Que non haxa guerra no mundo. (Gaby)
 Que non haxa problemas, e que haxa paz. (Ainoa)
 Que no mundo non se contamine. (Rafa)
 Non hai camino para a paz, a paz é o camino. (Ángela)
 A paz é mellor que a guerra! (Valeria)
 Gústame a paz. (Mohamed)
 Sen guerras o mundo será mellor. (Andrea)
 Quero a paz no mundo, e que non haxa guerras e maldade. (Daniel)
 Que non haxa guerras, armas e violencia. (Brais Lagoa)
 Alto á violencia! Alto ás guerras! (Roque)
 A paz non ten camino, o camino é a paz. (Isaac)
 Compartir os xoguetes cos nenos que non teñen. (Darío)

Para celebrar este día, a profe de música, María, preparou unha actividade para que participemos todo o cole, gravar un vídeo, un lip dub, coa música de Macaco Mensajes del agua.
A pasada semana nos esmeramos nos ensaios. Que bonitos quedan os paraugas! 
O mural o fixemos na clase de Relixión



E chegou o día, hoxe gravamos por fin o vídeo, cantamos a canción no patio e soltamos unhas pombas. Agora estamos desexando ver o lip dub.




E tamén podedes visitar os nosos blogs:

Se acerca la paz, no blog de Iván Pazó
Día de la paz, no blog de Brais Lagoa.
A Paz, no blog de Ainoa.
Día da Paz, no blog de Andrea.
Día de la Paz, no blog de Isaac.

No hay comentarios:

Publicar un comentario