O venres rematamos de ler o libro de Roald Dahl As bruxas. A verdade é que nos gustou moito e o pasamos moi ben na hora de ler. Agora estamos impacientes por ver a película.
Estas son as nosas opinións sobre este libro:
11/12/11
10/12/11
Unha sesión de maxia
Isaac preparounos unha sesión de maxia para toda a clase. Axudáronlle os seus compañeiros e nela puidemos ver cantidade de trucos e ilusións ópticas.
Todo un espectáculo!
Todo un espectáculo!
Biblioteca
Estes días temos moitas novas relacionadas coa Biblioteca Escolar:
1º: Xa chegou o primeiro diploma da Biblioteca!
Isaac completou o caderno de lectura e conseguiu un estupendo diploma, por ser un campión da lectura. Noraboa, Isaac!
2º: Ademais esta semana saíron dúas novas mochilas viaxeiras cargadas de libros, que van para as casas de Brais Pérez e Alba. Disfrutádeas, rapaces!
3º: Dende a Biblioteca chegounos a primeira preguntiña curiosa deste curso: Que son as casas de patín?
Xa estivemos investigando e cremos que non son casas con rodas.
Nós estamos participando dende a clase, pero se queredes facelo dende a vosa casa, podedes entrar directamente no blog da Biblioteca. Veña, animádevos!
http://moradabuli.blogspot.com/
http://preguntinas.blogspot.com/
1º: Xa chegou o primeiro diploma da Biblioteca!
Isaac completou o caderno de lectura e conseguiu un estupendo diploma, por ser un campión da lectura. Noraboa, Isaac!
2º: Ademais esta semana saíron dúas novas mochilas viaxeiras cargadas de libros, que van para as casas de Brais Pérez e Alba. Disfrutádeas, rapaces!
Xa estivemos investigando e cremos que non son casas con rodas.
Nós estamos participando dende a clase, pero se queredes facelo dende a vosa casa, podedes entrar directamente no blog da Biblioteca. Veña, animádevos!
http://moradabuli.blogspot.com/
http://preguntinas.blogspot.com/
Animal misterioso nº9
Un novo reto para o animal misterioso. Sabedes que animal é? Veña, participade, que este é máis fácil.
4/12/11
Recursos Lingua
Repasa os contidos de Lingua no noso blog de recursos:
http://ascousasdaclaserecursoslingua.blogspot.com/2011/11/oracion-suxeito-e-predicado.html
http://ascousasdaclaserecursoslingua.blogspot.com/2011/11/oracion-suxeito-e-predicado.html
Peixe Lúa
Xa temos gañadores do animal misterioso nº8: Ainoa, David, Roque, Rafa e Cristian adiviñaron que a foto era dun Peixe Lúa.
É un peixe moi estrano, como podedes ver neste vídeo:
Se queredes máis información, visitade estas páxinas web:
http://marenostrum.org/vidamarina/animalia/peces/mediterraneo/mmola/
http://blogjapon.com.ar/pez-luna-una-preciosidad/
29/11/11
23/11/11
O caribú
Pois si, o animal misterioso era un caribú, unha especie de reno. Esta vez houbo moitos acertantes: Rafa, Brais L., Ángela, Mohaned, Isaac, Ainoa e Andrea. Noraboa!
Andrea ten un novo blog, e puxo información sobre o caribú. Podedes vela neste enlace:
Ou tamén visitar a páxina de National Geographic:
Coñecedes este libro?
É O caribú namorado, da editorial Xerais, escrito por Xoán Abeleira e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano. O libro pertence a unha serie: As aventuras de Nunavut (un neno esquimó), e os podedes atopar na Biblioteca Escolar.
O aire e atmosfera
Repasa os contidos de C. do medio sobre O aire e a atmosfera, no noso blog de recursos:
Isaac tamén trouxo un aparello para ver a influencia do aire nos obxectos
20/11/11
Os dereitos dos nenos
Hoxe celébrase o Día internacional dos Dereitos dos Nenos:
Un xogo para coñecer os teus dereitos, na páxina de Unicef:

Neste enlace podedes ver un interesante vídeo sobre o traballo infantil:
http://www.ilo.org/public/english/bureau/inf/wdacl/spanish.htm
Unha páxina web dedicada aos dereitos dos nenos e nenas:

Información e xogos:

Para traballar os valores:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)