10/12/11

Biblioteca

Estes días temos moitas novas relacionadas coa Biblioteca Escolar:

1º: Xa chegou o primeiro diploma  da Biblioteca!
Isaac completou o  caderno de lectura e conseguiu un estupendo diploma, por ser un campión da lectura. Noraboa, Isaac!



2º: Ademais esta semana saíron dúas novas mochilas viaxeiras cargadas de libros, que van para as casas de Brais Pérez e Alba. Disfrutádeas, rapaces!



3º: Dende a Biblioteca chegounos a primeira preguntiña curiosa deste curso: Que son as casas de patín?


Xa estivemos investigando e cremos que non son casas con rodas.
Nós estamos participando dende a clase, pero se queredes facelo dende a vosa casa, podedes entrar directamente no blog da Biblioteca. Veña, animádevos!

http://moradabuli.blogspot.com/
http://preguntinas.blogspot.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario