Solución ao reto nº 20 (e último)

Estas son as solucións a este reto, o último neste curso.
1. Os tres barcos que levou C. Colón na súa viaxe eran carabelas. (en realidade un deles era unha nao, un pouco máis grande)
2. Os nomes dos barcos: La Pinta, La Niña e a Santa María.
3. Os tres barcos saíron do porto de Palos, na provincia de Huelva.
4. o mariñeiro que conseguiu ver terra americana por primeira vez foi Rodrigo de Triana. (aínda que outros estudos din que foi Pedro de Lope)
5. Chegaron a terra o 12 de outubro de 1492
6. O primeiro lugar onde chegaron foi a illa de Guanahani, á que Cristóbal Colón chamou San Salvador.
E estes son os acertantes:
5ºA: Iván, Iker, Saleta, Alba, Marisé, Xavi, Aitana e Xian
5ºB: Carlos, Nico,  Diana, Lucas, Eloi V., Ágata e Javi

0 comentarios:

Publicar un comentario