Experimentamos coa luz: A palliña rota

Eloy P. presentounos o seu experimento coa luz. Chámase A palliña rota.





A palla parece que está rota, por culpa da refracción da luz.
Nós vemos a luz que reflicte ese obxecto. A luz rebota nas cousas, por iso podemos ver cando hai luz, cando non hai luz non vemos.
Cando vemos a palliña non vemos a palliña, vemos a luz que reflicte na palliña.
Sabemos que a auga non pode curvar a palliña, é a luz a que está curvada. A luz cando chega á superficie da auga desvíase.
A luz viaxa máis rápido polo aire que pola auga. Cando choca contra a auga formando certo ángulo, pivota a outro ángulo.
Eloy P. 4ºB

0 comentarios:

Publicar un comentario