Hora de ler: O misterio do lixo mutante (Noa)


Título: O misterio do lixo mutante
Autor: Carlos Freire
Ilustradores: Alfonso Martínez e Pedro Pablo Moreno
Ed. Sushi books - Rinoceronte

Trátase de catro amigos que comían dos colectores de lixo, e pensaban que desaparecía por arte de maxia.  Pero non era así, senón que os basureiros ían pola noite e recollían o lixo para levalo ás plantas de reciclaxe.  Entón, dous mellores amigos, Carlocho e Nébedo, quedaron a vixiar dentro dun colector e despois os basureiros leváronos ás plantas de reciclaxe e descubriron o que pasaba co lixo. E coñeceron a Bautista, un motorista, e ao seu xefe o Ave Fénix  que, ao igual que o vidro, renace das súas cinzas.

Gustoume porque tiña enigmas e misterios e resultoume moi divertido facelos. E tiña un conto que me encantou.
NOA - 4ºB

0 comentarios:

Publicar un comentario