6/6/12

Textos informativos


Recordamos a todos os que xa fixeron a súa exposición oral na clase de Lengua Castellana. que xa poden preparar o seu texto no documento compartido de Google Docs. Tedes o enlace na barra lateral dereita, no apartado As cousas da clase.
Cos textos faremos novas entradas ao blog da clase.

Aprendemos xogando

Hoxe foi a 3ª fase do xogo "Aprendemos xogando". Esta vez tocoulle enfrentarse a dous equipos da nosa clase. Por un lado participaron Isaac, Darío e David e no outro Valeria, Ángela e Paola.
Os dous equipos o fixeron moi ben, pero foron as rapazas as gañadoras (6 puntos a 4).
 Noraboa e sorte para a próxima fase! Estaremos toda a clase animando!





5/6/12

Retos: Isaac Newton

Despois da visita a Londres, o noso novo reto foi averiguar que famoso físico inglés estaba enterrado na Abadía de Westminster, cuxo nome coincidía cun dos alumnos do noso curso.

Ainoa, Andrea, Isaac, Ángela, Roque, Iván V., Gaby e Brais L. buscaron información sobre este personaxe, que era Issac Newton.


Estes son algúns enlaces interesantes onde podedes informarvos sobre e:
http://mistareasdivertidas.blogspot.com.es/2012/02/biografia-de-sir-isaac-newton-para.html


http://www.icarito.cl/enciclopedia/articulo/primer-ciclo-basico/ciencias-naturales/fuerza-y-movimiento/2010/03/22-8948-9-fuerza-de-gravedad.shtml


http://www.educared.org/global/premiointernacional/finalistas/710/biograf/Bnewton.html


Tamén Isaac e Roque fixeron  entradas no seu blog:
http://lateledeisaac2.blogspot.com.es/2012/05/isaac-newton.html
http://ouniversoderoque.blogspot.com.es/

E un episodio da serie Érase una vez... dedicado a Newton:



E este será o noso seguinte reto. En 1642, o ano no que naceu Newton, morreu un famoso astrónomo que foi apresado e acusado de herexe. Quen foi este personaxe? Por que foi perseguido e apresado? Por que seguía dicindo " E sen embargo móvese..."?
Tedes ata o próximo venres para averigualo.

Que é? Onde está?

Moitos participantes e acertantes para a última foto, envíada pola nai de Isaac:


Trátase da acera da Avenida Vicenti, entre a Rúa Real e a Praza do Arco, xusto en frente da Alameda Vella. Moitas referencias distintas, pero damos todas por válidas: Valeria, Paola, Gaby, Mohamed, Julio, Brais L., Andrea, Ainoa, Rafa, Darío e Ángela son todos os que acertaron.

E agora, unha foto máis, esta vez bastante difícil. Foi envíada por Roque e a súa familia:


Sabedes que é e onde está tomada esta foto? A ver se alguén consigue averigualo...

28/5/12

Mochilas viaxeiras

Xa temos outra vez na clase as mochilas viaxeiras, despois de pasar por todas as nosas casas.
 Os últimos en levalas foron Andrea e Mohamed.
Todos disfrutamos moito dos libros que había nelas. Esperamos continuar con esta actividade para o curso que vén.



27/5/12

Ilusións ópticas


Recursos Coñecemento do Medio

Visitade o noso blog de recursos de Coñecemento do medio para repasar a unidade sobre o traballo:


Recursos matemáticas


Novos recursos no Blog de Matemáticas. Para repasar os corpos xeométricos.

Que é? Onde está?



A última foto de Cangas estaba tomada no Paseo Marítimo que está ao lado dos Xardíns do Sinal (Alameda Nova).
Acertaron e comentaron esta foto: Ángela, Valeria, Rafa, Julio e Brais Lagoa.

Agora tedes que averiguar onde está feita esta foto que nos enviou a nai de Isaac:


Veña, a ver se vos animades a participar, que andades un pouco perezosos!

Paola atopou un vídeo moi interesante sobre Cangas. Podedes velo no seu blog:

http://omardepaola.blogspot.com.es/2012/05/paseo-por-cangas-do-morrazo.html

25/5/12

Festival

Por fin, xa chegou o día.
Despois de tanto esforzo xa representamos o noso conto, e o fixemos MOI BEN!!!!!
Traballamos moito, pero mereceu a pena. Noraboa a todos!
Esperando que alguén nos faga chegar un vídeo, aquí están as fotos da nosa actuación: