15/10/17

O enigma da nutrición


Solución ao RETO 6º nº1: As árbores

Xa temos as respostas ao primeiro reto deste curso, no que tiñamos que averiguar o nome de catro árbores.

1. BAOBAB.







2. SEQUOIA.










3. DRAGO.









4. BANYAN.









E estes son os acertantes:
6ºA: Samuel, Pablo, Iván e Xavi.
6ºB: Carlos, Uxía, Javi e Diego.

Noraboa! E a seguir intentándoo...

9/10/17

Libros alimentación : Somos o que comemos?

Básase na aprendizaxe dos alimentos, os nutrientes e alimentos cos que sentirnos mellor ou diversas curiosidades.
As nenas e nenos coñecerán o que están comendo e por que o comen, que beneficios obteñen, descubrirán a importancia da comida, pero tamén descubrirán algúns mitos sobre alimentos e o propio corpo humano no proceso da dixestión.

Editorial DK

3/10/17

Reto 6º nº1: As árbores

Xa sabedes que este curso estamos lendo o libro de Chris Priestly Cuentos de terror de los objetos malditos. Nel as árbores teñen moita importancia, sobre todo no primeiro capítulo, Prohibido trepar, onde un vello olmo consigue poñernos os pelos de punta.
Neste primeiro reto de 6º queremos poñer a proba o que sabedes de árbores. Podedes identificar estas?

1. É unha árbore tropical, típica de África, tamén lle chaman a árbore da vida, a árbore máxica ou a árbore prantada ao revés. pode chegar a medir 30 m.

2. Son as árbores máis grandes do noso planeta, poden alcanzar ata 80 metros  e incluso poden atravesalos unha estrada. Crecen en Estados Unidos. 

3. É unha árbore subtropical típica das Illas Canarias, e que debe o seu nome a un ser fantástico.


4. Son árbores orixinarias de Asia. Teñen as raíces aéreas, que crecen hacia abaixo.

Veña, a investigar un pouco. Esperamos as vosas respostas.



A dieta saudable

Visita ao Eroski

O pasado martes 26 fixemos unha visita ao supermercado Eroski. Fomos acompañados de Eva, que antes de ir nos deu unha interesantísima charla sobre a alimentación e a organización do supermercado.
No Eroski visitamos todas as seccións e nos explicaron como traballaban e como debemos ter un consumo responsable. 
A visita foi moi interesante e, ao acabar nos prepararon unha estupenda merenda a base de froitas. E nos deron unha bolsa chea de agasallos. A verdade é que nos trataron de marabilla, moitas grazas!





12/9/17

Contos de medo para a hora de ler

Este curso imos pasar un pouquiño de medo na hora de ler. O libro que imos traballar é unha recompilación de contos que van intentar poñernos os pelos de punta. 
No seguinte enlace atoparás unha serie de actividades para descubrir de que libro se trata. Atréveste?

http://chiscos.net/almacen/lim/cuentos_terror/cuentos_terror.html

11/9/17

Presentación de 6º

Hoxe comezamos o curso. Volvemos ao cole, con moitos retos por diante e con moitas ganas de ver aos nosos amigos. Ademais temos dous compañeuros novos. Cibrán e Santi.

6/9/17

Empezamos o curso!


Xa estamos quentando os motores. Comezamos un novo curso, e xa estamos en 6º!
Este vai ser un curso especial. Por un lado é o noso último ano no cole, temos que aproveitalo ben e, sobre todo, disfrutar moito.
E ademais este curso temos un novo proxecto, no que imos traballar os libros de texto dixitais.
Pois nada, preparade as vosas mochilas, os estoxos... e traede moitas ganas de traballar. Ata o luns!