19/9/16

Inicio de curso 2016/2017

Benvidos a todos!
Xa hai unha semana que comezamos un novo curso. E este ano estamos en 5º!
Neste curso imos traballar, estudar, aprender moitas cousas e, sobre todo, imos  disfrutalo a tope e a pasalo ben!

22/6/16

Fin de curso

Xa estamos aquí, acabamos o curso e imos celebralo cunha gran festa de xogos de auga, que todos os anos prepara a ANPA.
Primeiro, as actuacións dos grupos das actividades extraescolares, e logo a xogar e a mollarnos!


Fin de curso 2016 (2) - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

E con isto despedímonos ata o curso que ven.
BOAS VACACIÓNS A TODOS!

21/6/16

Excursión: O Grove 21/06/16

Hoxe fixemos a saída de fin de curso. Os cursos de 3º e 4º marchamos a O Grove: fixemos unha saída en barco ata as bateas, logo ao Museo da pesca e o salazón, comimos nun parque e logo visitamos o Acuario. Unha visita completa e na que o pasamos MOI BEN!!!

12/6/16

Recomendacións musicais: Si no te quisiera - Juan Magan y Belinda

Unha recomendación musical veraniega e con moito ritmo: Si no te quisiera, de Juan Magan, recomendación feita por Inés, prima de Uxía.



"Es escucharla y ponerme a bailar. Recarga pilas. Me alegra el día." 
Inés

Hora de ler: Kika Superbruxa e a maxia do circo. (Sabela)


Título: Kika Superbruxa e a maxia do circo
Autor: Knister
Ilustrador: Brigit Rieger
Colección: Kika Superbruxa
Editorial: Bruño

Este libro trata de que o circo chega á cidade e os pais de Kika compraron as últimas entradas para a gala do domingo. Como a amiga non conseguiu entrada e o irmán non lle cambia as entradas, fai un feitizo para cambiarlle a vontade, así que consigue que o irmán vaia outro día co amigo. Pero lle toca unha entrada gratis ao irmán...

Gustoume moito porque por medio dos feitizos o irmán lle deixou ir coa amiga ao circo, e o domingo, o ires todos xuntos, o pasaron moi ben.
Sabela 4ºB

Blog de recursos de Matemáticas: as simetrías

Visita o noso blog de recursos de Matemáticas e practica coas simetrías.

Resultado de imagen de recursos primaria simetrias

Presentación do traballo de C. Naturais: O golfiño (Javi e Eloi V.)

Javi e Eloi presentaron o seu traballo de C. Naturais sobre o golfiño  aos alumnos de 1ºA.






31/5/16

Novas presentacións no blog de C. Naturais

Xa temos dúas novas presentacións no blog de recursos de C. Naturais.

Nico e Eloy P. remataron o seu traballo sobre o crocodilo.




E Sabela e Diana fixeron un traballo sobre a xirafa:

29/5/16

Recomendacións musicais: Exercises in Free Love - Freddie Mercury

Unha nova recomendación musical, esta vez Alberto, o pai de Diego, nos achega esta fermosa obra de Freddie Mercury: Exercises in Free Love.



Só cun piano, máis a voz do artista e sen letra, consegue unha obra maestra.
Alberto

Hora de ler: Junie B. Jones y la fiesta de pijamas (Uxía)


Junie B. Jones y la fiesta de pijamas.
Autora: Barbara Park
Ilustraciones: Denise Brunkus
Editorial Bruño

Trata de la abuela de Lucy, que es la mejor amiga de Junie B. Jones aparte de Claudia. La abuela de Lucy es rica y, como su casa es muy grande, le deja vivir a Lucy y a sus padres.
Tiene un Rolls-Royce dorado y todos los coches le ceden el paso porque significa que es rica.
Claudia, Lucy y Junie B. Jones hacen un montón de travesuras que los padres de Junie no le dejaban hacer.

Me gustó, estuvo muy bien, porque cuando tiene que decir "Claudia y yo" dice "yo y Claudia, digo Claudia y yo". Son unas niñas muy divertidas y me encantan las travesuras que hacen. ¡Aunque están un poco locas!
Uxía - 4ºB