9/9/15

Preparados? Empeza o cole!




Preparados para mañá? Por se aínda hai algún despistado... EMPEZAMOS AS CLASES!!!!
Espero que veñades ben descansados, coas pilas ben cargadas e con moitas ganas de traballar.
Seguro que temos moitas ganas de ver aos compañeiros e estamos ilusionados por empezar 4º.
E, preparádevos, este ano vai ser un curso moi musical.
Pois xa sabedes, a acostarse pronto, que mañá temos que madrugar!


2/7/15

Despedidas

O curso xa rematou. Seguro que xa todos levan días disfrutando da praia e nos se acordan do cole...pero aquí vos deixamos o último post : as despedidas coas últimas impresións de todo o curso.
Felices vacacións a todos!!!!!!

30/6/15

Proxecto: As abellas. O conto.

No Festival das Letras Galegas representamos o conto A colmea contaminada. Con esta historia elaboramos un libro do conto ilustrado por nós.



Conto A colmea (1) - Kizoa Movie Maker

Logo fomos ás aulas de Ed. Infantil para ler o conto aos alumnos.
Nós cremos que lles gustou moito.

29/6/15

Proxecto: As abellas (3)

Todos sabemos como producen mel as abellas.
Para comprobar o bo que está o mel fixemos unha degustación de mel, con tostadiñas de pan e queixo. Que boísimas estaban!




Proxecto: As abellas (2)

Dentro do proxecto das abellas fixemos moitas outras actividades.
Diego trouxo a clase os enlaces para ver un episodio de "El maravilloso mundo de los animales" de Disney, dedicado ás abellas.
Aquí vos deixamos o episodio, dividido en tres partes. É moi interesante e divertido!







25/6/15

Proxecto: As abellas (1)

Xa sabedes que durante este curso estivemos traballando As abellas, dentro do proxecto sobre o Medio Ambiente.
Fixemos moitas actividades. Empezamos no Entroido, disfrazándonos de abellas. No Festival representamos un conto: A colmea contaminada.
Na clase ademais decoramos a porta:


Javi trouxo a clase un trozo de panal dunha colmea:




E durante un tempo fomos recollendo moita información sobre as abellas, de libros, de Internet... e con todo elaboramos un mural.












24/6/15

Gústanos ler: Un lugar no bosque.


Un lugar no bosque.
Armando Quintero
Colección Seteleguas
Ed. Kalandraka

Son varios contos contados por unha familia de lobos sobre as súas vivencias no bosque.
Cóntaos o Lobo Avó, Lobo Grande, Lobo Tío, Lobo Pequeno, Lobo Pequerrecho, Loba Avoa, Loba Grande e Loba Pequena.

Gustoume porque son moitos contos pequenos e fáciles de ler. De todos eles. o meu favorito é o do gardabosques e a súa filla Gabriela.

Gabriel 3ºB