15/11/12

Que bicho máis raro! (2)


Isto que parece unha planta non o é. Trátase doutro animaliño moi raro.
Sabedes o seu nome?
Podedes participar deixando as vosas respostas nos comentarios desta entrada.
Esperamos a vosa colaboración!

13/11/12

O blog de música

Máis blogs do colexio!
Esta vez trátase do blog da clase de Música, no que podedes volver escoitar as cancións que traballades na aula:

Que bichos máis raros: o topo de nariz estrelada


Pois xa temos moitos nenos que adiviñaron o nome deste bicho raro.
Fran, Aarón, Víctor, Ángel, Anxo, Iván, Hugo E. e Miguel  dixeron que este animal é un topo. Teñen razón, pero Nahuel, Alba G, Alba D. e Sara atoparon o nome completo: un topo de nariz estrelada.
Noraboa a todos! Xa sabedes que tedes un pequeno premio.



Atentos ao blog, que mañá teremos un novo bicho.

12/11/12

Recursos

Xa temos máis recursos nos nosos blogs.
Podedes visitar o blog de Coñecemento do Medio para repasar o tema do esqueleto:


No blog de recursos de Lingua repasamos as palabras polisémicas:


E no blog de Matemáticas practicamos as sumas:


O blog de Inglés


Temos un novo blog no cole, o blog da clase de Inglés. Chámase English Castrillón e nel podedes atopar moitos recursos en inglés.
Tamén tedes alí as fotos e as cancións da última saída que fixemos para ver a obra de teatro Magic beans.
E, como xa o sabedes , tamén podedes facervos seguidores.

11/11/12

Que bicho máis raro!

Imos empezar cun xogo no que podedes participar todos, tanto pais como alumnos. Podedes facelo dende o cole ou dende a vosa casa. Só tedes que deixar as vosas respostas nos comentarios.
E aí vai o primeiro. Sabedes que animal é este? Parece un pouquiño raro...


O super chicle

Outro vídeo de animación para que disfrutemos un pouco:

31/10/12

Celebrando Halloween - Samaín

Hoxe, 31 de outubro, foi un día moi movido, pois estivemos celebrando a festividade de Halloween - Samaín.
Estivemos preparando as nosas cabazas para expoñelas ao lado da clase de Inglés:


Logo, na aula de Inglés tivemos unha festa de Halloween, con merenda e disfraces. Na clase tamén decoramos a porta:


Tamén visitamos a exposición de cabazas organizada por Ed. Infantil e 1º ciclo. Fantástica!


E estivemos na Biblioteca, que estaba toda a escuras e que ten unha exposición de libros de medo:




Na Biblioteca a profe leunos un conto de medo: A bruxa regañadentes, unha bruxa moi pouco amiga dos nenos. Que alí, a escuras, coa lanterna... pois daba un pouco de medo, pero só un pouco.



29/10/12

Halloween

Un divertido vídeo coa canción "Esto es Halloween" da película "Pesadilla antes de Navidad":

Madrid


Madrid es la capital de España, la más poblada y grande del país.
En Madrid se encuentra el palacio de los reyes de España y la residencia del presidente de España. 
Es una de las ciudades más ricas de Europa, hay muchas multinacionales.

Palacio Real

En Madrid también se encuentra la ONU, también se organizan ferias como FITUR y ARCO. También existen museos muy importantes, como el Museo del Prado, el Reina Sofía y el Thyssen.

Museo Thyssen

En Madrid hay esculturas muy importantes, como la fuente de Cibeles y la Puerta de Alcalá.

Estatua de la Cibeles

Existen parques muy conocidos, como el del Retiro y la Casa de Campo, donde se encuentra el zoo.
Parque del Retiro

Noa Amatriaín Miranda 3ºA