Hoxe comezamos un novo xogo para averiguar unha foto misteriosa. Trátase de imaxes de Cangas que tedes que investigar que é e onde está tomada a foto.
Esta primeira foto é fácil saber o que é, pero ... sabedes onde está?
Pode participar toda a familia. Veña, esperamos os vosos comentarios!!!!
15/1/12
14/1/12
Os nosos personaxes favoritos: Tintín
Profesión: Tintín é un intrépido reporteiro.
Lugar onde vive: Vive nun pequeno edificio, nun estremo da súa cidade, cerca da comisaría de Hernández e Fernández.
Mascota: A súa mascota é un canciño chamado Milú. É o fiel compañeiro de Tintín. Aínda que sexa un can ten un carácter chamativamente humano.
Aficións: Gústanlle as aventuras. Sempre está viaxando co seu can Milú.
Os personaxes: Tintín, Milú, Capitán Haddock, o profesor Tornasol, Hernández, Fernández, Bianca Castafiore, Serafín Latón, Tchang Tchong Yen, o xeneral Alcazar, Mohamed Ben Kalish, Ezab, Oliveira da Figueir, …
Os malos: Roberto Rastapopulos, Allan Thompson, O doutor J. W. Müller, o coronel Sponsz, …
Familia: Tintín só ten un pai chamado Herge, o autor.
Curiosidades: Tintín é un reporteiro, pero só escribiu un único artigo sobre unha viaxeao país dos Soviets, pero nunca o chegou a enviar.
As primeiras aventuras de Tintín foron no ano 1929.
Aventuras máis coñecidas: Tintín en América, Os cigarros do faraón, A orella rota, A illa negra, O cetro de Ottokar, O caranguexo das pinzas de ouro, A estrela misteriosa, O secreto do unicornio, O tesouro de Rackham o vermello, As sete bolas de cristal, Aterraxe na Lúa, ..
Ángela
Se queres máis información sobre este personaxe visita estas páxinas web:
http://www.mundopeke.com/web/tintin/index-tintin.htm
http://www.sepionet.es/tintinofilia/
Recomendamos libros
Gústache ler? Pois a nós si. O facemos sempre todos os días na Hora de ler e normalmente levamos bastantes libros da Biblioteca.
Imos recomendaros as lecturas que máis nos gustaron:
QUERIDO INIMIGO:
Imos recomendaros as lecturas que máis nos gustaron:
QUERIDO INIMIGO:
Título: Querido inimigo
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustradora: Tesa González
Colección: Tucán
Editorial: Edebé – Rodeira
A protagonista é Laura, pero tamén están o pai, a nai e os amigos.
Trata dunha nena a que lle dan medo os cans, e que sempre que ve un can asústase un montón e agárrase aos seu pais.
O recomendo porque encantoume, é precioso e é un pouco gracioso porque cando hai un can asústase.
LA BRUJA BRUNILDA:
Título: La bruja Brunilda
Autora: Valerie Thomas
Ilustrador: Korky Paul
Colección: La bruja Brunilda
Editorial: Blume
Personajes: La bruja Brunilda y su gato Bruno.
Trata de una bruja que tenía una casa negra con todo negro y su gato también era negro y no lo veía y entonces decidió cambiarlo de color. Pero al final lo volvió a poner de negro y su casa de colores.
GABY
Título: Casas de animais
Autor: Angela Wilkes
Colección: Primeiros coñecementos de ciencias
Editorial: Baía Edicións
Personaxes: os animais.
Este libro trata das casas dos animais e como as constrúen.
O recomendo porque explica como os animais constrúen as súas casa, de que son e como as fan.
Frases trabalinguas
Na clase de Lengua Castellana volvimos traballar as frases trabalinguas. Dúas condicións: todas as palabras teñen que empezar coa mesma letra e ten que haber un mínimo de catro palabras. Estes foron os resultados:
8/1/12
Cangas no pasado
O pasado mes de decembro tivemos unha charla impartida por membros da asociación cultural A Cepa, que nos viñeron a falar de como eran as escolas no pasado. Estivo moi interesante e aprendimos moitas cousas.
Recordamos que nós tamén estamos intentando facer unha recopilación de fotos antigas de Cangas. De momento só temos dúas aportacións, e as podedes ver no álbum web de Picasa:
7/1/12
30/12/11
Aye-aye
Pois si, este animal tan raro chámase aye-aye e -e o animal misterioso nº 10. É un pequeno primate que vive na illa de Madagascar e que se ayopa en perigo de extinción. Se queredes máis información podedes visitar a páxina do National Geographic:
http://www.nationalgeographic.es/animales/mamiferos/aye-aye
Tamén podedes visitar o blog de Isaac.
Desta vez houbo catro acertantes: Isaac, Roque, Ángela e Brais L.
28/12/11
Celebrando o Nadal
Antes de dar vacacións, tamén celebramos o Nadal no cole.
Na clase de plástica fixemos bonecos de Papa Noel, elfos e camellos cargados de regalos.
O día 21, como todos os anos antes de dar vacacións, o celebramos no cole tomando unha chocolatada con churros:
Este ano fixemos o xogo do "amigo invisible", e abrimos todos os agasallos na clase:
Amigo invisible - diapositivas
Espero que esteades todos disfrutando dunhas boas vacacións. Bo Nadal!!!
Na clase de plástica fixemos bonecos de Papa Noel, elfos e camellos cargados de regalos.
O día 21, como todos os anos antes de dar vacacións, o celebramos no cole tomando unha chocolatada con churros:
Este ano fixemos o xogo do "amigo invisible", e abrimos todos os agasallos na clase:
Amigo invisible - diapositivas
Espero que esteades todos disfrutando dunhas boas vacacións. Bo Nadal!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










