13/11/11

Recursos Matemáticas


Repasa as multiplicacións no noso blog de recursos de Matemáticas:

MULTIPLICACIÓN

E busca no apartado de xogos de lóxica  e atoparás cinco novos xogos:







Recursos Lingua


Xa podes practicar novos contidos no noso blog de recursos de Lingua:


SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS

E no apartado de xogos, podes entreterte cun novo xogo, Torre de Letras


O magosto

Estes días celébrase en toda Galicia a festa do Magosto. O seu día é o día 11 de novembro (San Martiño), pero debido ao mal tempo tivemos que pospoñelo para á semana. Esperemos que haxa bo tempo para facelo.
Mentres tanto imos informarnos do que se celebra nesta festa.
En primeiro lugar, un vídeo da TVG no que nos contan todo sobre as castañas:



O que nos conta a Galipedia sobre o magosto:


Actividade LIM de Ana Martínez Rey:


E un libro de receitas feito no Ceip CEIP Santo Paio de Abaixo (Reboreda - Redondela):

O animal misterioso nº6


Isto dos animais misteriosos vaise animando, e ademais acertades moi pronto o resultado. Aquí está o animal misterioso nº6, e quero o seu nome exacto. Sabedes que animal é? Veña, participade.

9/11/11

O peixe globo


Pero que rapidez! Xa hai acertantes do animal misterioso nº 5, que é un peixe globo.
Os gañadores foron Ángela, Isaac, Ainoa e Andrea.
Esta vez tedes un vídeo feito por unha nena de 7 anos que vos conta todo sobre os peixes globo.

7/11/11

Poema

Paola está feita toda unha poetisa. Este é o seu novo poema:


Para el más allá
de todos los mares.

A lo lejos se ve
una sirena
y un delfín con cola.

Y los dos van al mar,
allá de los mares.
                                Paola


O tempo atmosférico


Comezamos unha nova unidade en Coñecemento do Medio: O tempo atmosférico.
Podedes aprender sobre este tema no blog de recursos:

http://ascousasdaclaserecursoscm.blogspot.com/2011/11/o-tempo-atmosferico.html

6/11/11

O animal misterioso nº5


Ben, aquí temos unha nova foto para adiviñar. Que será este animal misterioso?
A ver quen é o primeiro en acertar a solución.

Viaxes e vacacións

O pasado venres levamos unha nova sorpresa, chegounos unha postal de Tanger. Era de Roque, que estivo alí fai uns días.
Como nesta clase temos uns alumnos moi viaxeiros e activos, decidimos abrir un novo blog :
Viaxes e vacacións
Temos tamén o enlace na barra da dereita.
Neste blog iremos poñendo as actividades que vaiades facendo fóra do cole e as fotos das vosas vacacións. Animádevos a participar!

4/11/11

O tinamú


Por fin, xa temos unha gañadora: Ángela descubriu que o noso animal misterioso era un tinamú, un ave bastante rara que podemos atopar en América do Sur. 
Aquí tedes uns enlaces para documentaros sobre esta ave, da que existen moitas especies diferentes. Ou se o preferides buscade ao profesor que me deu a idea, e que entende moito de aves. Aínda non sabedes quen é?
 Para acceder, preme nas imaxes: