30/6/11

Harry Potter

Os fans de Harry Potter xa estamos contando os días para ir ver a última das películas, que será o 15 de xullo.
Para abrir boca, aquí temos un emocionante trailer.
Os que xa limos todos os libros garantizamos un final espectacular.


28/6/11

O moucho real



Rafa e Brais P. prepararon unha presentación sobre o moucho real.

Moucho real
.
E aquí tedes unha páxina na que explican moi ben cun vídeo como son estes mouchos.

http://www.regmurcia.com/servlet/s.Sl?sit=c,365,m,1036,&r=ReP-12904-DETALLE_REPORTAJES


E se queredes rir coas aventuras dun moucho rosado, aquí vos quedan os seus vídeos:



E para rematar, nesta páxina podedes facer puzzles coas súas imaxes.

http://www.puzzlesonline.es/puzzle/14024/una-cabeza-de-buho

Cetrería

A cetrería é o arte de cazar con aves rapaces. Unha asociación galega de cetrería visitou o noso cole para facernos unha demostración e ensinarnos como entrenan a estas aves.



26/6/11

Fin de curso

Pois xa acabamos o curso. Que rápido pasou e cantas cousas fixemos!
Agora a disfrutar todos das vacacións, pero non esquezades de botar unha ollada ao noso blog, pois aínda faltan moitas cousas por poñer, que nos quedaron moitas actividades por ensinar.

A FESTA FIN DE CURSO




DESPEDIDAS

6/6/11

FESTIVAL

Noraboa a todos polo ben que o fixestes no Festival!



E aquí está toda a música que utilizamos:

A presentación:



Os elfos:




Para durmir elfos e fadas:




As fadas:




As bruxas:


25/5/11

A pesca


Brais L, Andrés e Ángela, que xa son uns expertos no uso do Power Point, realizaron un novo traballo para presentalo a toda a clase sobre A Pesca.


A agricultura.


Agora que xa sabemos facer unha presentación en Power Point, animámonos a seguir traballando.
Brais L. realizou unha presentación sobre
A agricultura, un tema que estamos estudando en Coñecemento do Medio.

Biblioteca


Esta semana tivemos unha nova entrega da Biblioteca: Andrés xa acabou o seu primeiro caderno e xa ten o Diploma por ser un bo lector.
Noraboa, Andrés!

17/5/11

A balea azul

Esta vez case todos acertaron que o ollo nº 12 era dunha balea. Era moi fácil, sobre todo para Andrés e Ángela, que estiveron facendo un traballo sobre a balea azul. Hoxe presentaron o seu traballo a toda aclase e a verdade é que lles quedou moi ben.







Un seguidor do noso blog, Nerkos, deixounos un enlance sobre a balea azul. Ademais de demostrar que efectivamente é o ollo dunha balea, podedes facer un recorrido completo por todo o seu corpo.
Moitas grazas pola colaboración.

http://www.wdcs.co.uk/media/flash/whalebanner/content_pub_en.html

Letras Galegas


Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano está dedicado ao poeta Lois Pereiro. Se queredes saber sobre el , visitade o blog da Biblioteca, cunha páxina dedicada a este autor, con información e recursos:

http://buliletrasgalegas2010.blogspot.com/

Pola nosa parte xa empezamos a traballar na clase. Chegaron uns fermosos carteis sobre a súa biografía e realizamos unha ficha de recollida de información. A fixemos no patio, que estamos máis fresquiños!



>