30/6/19

Despedida



Durante tres anos vivimos cantidade de vivencias facendo un camiño que remata agora.
Síntome un afortunado vendo a vosa evolución durante este tempo, convencido, non só de que tedes máis coñecementos, senón  de que sodes mellores persoas.
Desfrutade e vivide con intensidade esta nova etapa que comezades. Deséxovos, de corazón, que vos vaia todo ben.
                                                                                     
Cibrán 



Este curso foi moi especial para vós e para min. 
Para vós porque xa rematades a primaria, despois de nove anos xuntos no cole, para comezar unha etapa nova, seguramente entre a ilusión e a inseguridade do que vai vir.
E para min por despedirme dunha profesión á que xa levo dedicada unha vida enteira e que tantas satisfaccións me aportou.
Foi un gusto e un privilexio poder compartir con vós este o noso último curso.
Moitas grazas a todos.
  
  Geni

Exp. oral: Juana de Arco (Javi e Darwin)

Javi e Darwin prepararon unha exposición oral sobre a figura de Juana de Arco.

29/6/19

Exp. oral: Jane Goodall (Yoel e Sofía)


Yoel e Sofía prepararon o seu traballo para a exposición oral sobre a primatóloga Jane Goodall

28/6/19

Exp. oral: Sophie Germain (Miguel e Marina)


Miguel e Marina prepararon a súa exposición oral sobre a matemática, física e filósofa Sophie Germain.

Exp.oral: Hedy Lamarr (Noa e Brais)



Noa e Brais prepararon unha exposición oral sobre a actriz e inventora Hedy Lamarr

26/6/19

Allariz (9)


Máis fotos na páxina de Facebook da Fundación Ramón González Ferreiro:

E tamén podedes seguir a páxina de Instagram de Nacho, a ovella mascota do campamento:



Exp. oral: Pilar Mateo (Nico e Andrea)


Nico e Andrea prepararon a súa charla sobre a científica Pilar Mateo.

Exp. oral: Margot Moles (Ana e Óscar)


Iker e Ana prepararon un traballo sobre a deportista Margot Moles Piña para a súa exposición oral.  

Exp. oral: Charlotte Cooper (Martina e Óscar)


Martina e óscar fixeron a sua exposición oral sobre a tenista e campiona olímpica Charlotte Cooper.

23/6/19

Exp. oral: Marie Curie (Claudia e Hugo)


Claudia e Hugo prepararon a súa exposición oral sobre Marie Curie.

Visita alumnos IES Rodeira




O pasado día 22 de maio nos visitaron no noso centro tres alumnos do IES de Rodeira. Javi, Noa e Ari, ex-alumnos do CEIP Castrillón e que agora están en 1º da ESO, déronnos unha charla para explicarnos como funciona o Instituto e cales son as cousas máis importantes que imos atoparnos alí.


E ao cabo duns días nós visitamos o IES para coñecer as súas instalacións.


Gústanos ler: Antía e Naia 6ºA



Título: Mago por correspondencia
Autor: Joles Sennell
Ilustrador: Xan López Domínguez
Colección: Sopa de libros
Editorial: Xerais

ANTÍA 6ºA



Título: Harry Potter y el prisionero de Azkabán
Autora: J. K. Rowling
Colección: Harry Potter
Editorial: Salamandra

NAIA 6ºA

Teatro

Os alumnos e alumnas de teatro nos ofreceron o pasado mércores a representación das tres obras que prepararon.
O alumnado de 6º interpretou unha versión moi divertida do conto da Cincenta. Son todos uns artistas!!


Exp. oral: Marvel (Sami e Iván)

Iván e Sami prepararon a súa exposición sobre o universo de Marvel.